Economía de Bolivia
Economía de Bolivia | |
---|---|
Moeda | Boliviano |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, CAN, UNASUR |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 58.34 mil millóns (2013) |
Posición do PIB | 92ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 6.5% (2013) |
PIB per cápita | 5 500 (2013) |
PIB por sector | agricultura 9.2%, industria 38.5%, servizos 52.3% |
Inflación | 5.9% (2013) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 4.922.000 (2013) |
Forza de traballo por sector | agricultura 32%, industria 20%, servizos 48% |
Desemprego | 7.4 (urbano)% (2013) |
Industrias | Minería, refino de minerais, petróleo, alimentos e bebidas, tabaco, artesanía, roupa, xoiaría |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 12.56 mil millóns (2013) |
Produtos de exportación | Gas natural, soia e derivados, petróleo cru, minerais de cinc e estaño |
Principais mercados | Brasil 41.8%, Estados Unidos 18.4%, Arxentina 7.3%, Perú 4.9% (2012) |
Importacións | 8 224 millóns (2013) |
Principais produtos importados | Derivados de petróleo, plásticos, papel, avións e pezas, automóbiles, insecticidas |
Principais mercados | Chile 21.3%, o Brasil 20.3%, a Arxentina 10.9%, os Estados Unidos 10.1%, o Perú 6.5%, Venezuela 6.2% e a República Popular da China 4.9% (2012) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 7 429 millóns (2013) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
Bolivia é un dos países máis pobres e menos desenvolvidos de América Latina.[1] Tras unha desastrosa crise económica no inicio da década de 1980 reformas atraeron o investimento privado, estimularon o crecemento económico e diminuíron os índices de pobreza na década seguinte.[1] O período entre 2003 e 2005 foi caracterizado por inestabilidade política, tensións raciais e violentas protestas contra plans - posteriormente abandonados - de exportar o gas natural producida no país para grandes mercados do Hemisferio Norte.[1] No ano 2005 o país aprobou unha controvertida lei sobre hidrocarburos que impuxo un significativo aumento dos dereitos sobre a produción e determinou que as empresas estranxeiras que operaban baixo o réxime de contratos de risco entregasen toda a súa produción á empresa estatal, a cambio dunha tarifa fixa polos servizos.[1]
As principais actividades económicas en Bolivia son a minería, a fundición de metais, e a agricultura (especialmente a soia, o café e tamén a coca). O país é auto-suficiente en enerxía, grazas ás súas reservas de gas natural.
O país, hai moito un dos máis pobres e menos desenvolvidos países da América Latina, fixo progresos considerábeis no sentido do desenvolvemento dunha economía de mercado. Durante a presidencia do presidente Gonzalo Sánchez de Lozada (1993-97) Bolivia asinou un tratado de comercio libre co México, tornouse membro asociado do Mercado Común do Cono Sur (Mercosul) e procedeu á privatización da liña aérea estatal, da compañía de teléfonos, dos camiños de ferro, da compañía eléctrica e da compañía petrolífera.
O crecemento económico aminorou en 1999, en parte debido a políticas orzamentarias restritivas que limitaron os fondos necesarios para programas de loita contra a pobreza, e ás consecuencias da crise financeira asiática. No ano 2000, serios disturbios públicos en abril e en setembro/outubro baixaron o crecemento para 2,5%. O PIB boliviano non creceu en 2001 debido ao abrandamento global e á vagarosa actividade doméstica.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "The World Factbook.". Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2018. Consultado o 19 de maio de 2014.
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).